WINMERGE WinMerge é unha ferramenta Open Source de comparación e mestura para Windows. WinMerge pode comparar tanto arquivos como cartafoles, presentando as diferenzas nun formato de texto visual que é moi sinxelo de entender e de manexar. WinMerge pode empregarse como unha ferramenta externa de diferenciación/mestura ou como unha aplicación independente. WinMerge ten varias funcionalidades de grande utilidade para facer comparacións, sincronizar e mesturar do xeito máis doado e útil posible. Mesmo resalta o texto segundo a sintaxe para diversas linguaxes de programación e outros formatos de arquivo. Tanto a información como a última versión de WinMerge están dispoñibles en https://winmerge.org/ Comezo rápido ============= Para aprender a levar a cabo as operacións básicas logo de instalar WinMerge, preme en Axuda>Axuda de WinMerge e vai ao tema Quick start. Ou tamén podes visitar a versión Web en https://manual.winmerge.org/Quick_start.html Axuda de WinMerge ================= A axuda de WinMerge instálase localmente como un arquivo de axuda Microsoft HTML, WinMerge.chm, ao instalar WinMerge. Para abrila, preme en Axuda>Axuda de WinMerge ou preme F1 na ventá de WinMerge. Se empregas a liña de comandos, executa WinMerge coa opción de axuda /?. Tamén podes explorar a versión HTML da axuda de WinMerge en https://manual.winmerge.org/ Soporte WinMerge ================ Preguntas ou suxestións sobre WinMerge? Un bo lugar para comezar é o taboleiro de mensaxes da comunidade de WinMerge en https://forums.winmerge.org/ Os desenvolvedores len e responden de xeito frecuente ás cuestións presentadas en ambos os dous foros. Emprega o foro de Discusión Aberta para cuestións xerais, como os temas relacionados co uso, de WinMerge. Emprega o foro de Desenvolvedores para as cuestións relativas ao desenvolvemento de WinMerge. Erros e peticións de funcionalidades ==================================== Se unha cuestión non se resolve nos foros de WinMerge, comproba os rastrexadores do proxecto: vai a https://project.winmerge.org/ e preme no menú dos Rastrexadores, como Erros e Peticións de Funcionalidades, onde poderás explorar ou enviar os temas que che interesen. Se envías unha notificación de erro, por favor, inclúe a versión de WinMerge na mesma. Podes xerar un rexistro da configuración premendo en Axuda>Configuración. Por favor, adxunta á notificación de erro o rexistro da configuración xerado, pois ten unha morea de información moi útil para os desenvolvedores. - The WinMerge Developers